Blog do programa Voz Natura do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz
25/9/26
E chegou o outono: Lúa da colleita e Mabon
Que estación tan bonita é o outono, e canta maxia e posibilidades de xogo e de traballo! Neste caso celebramos o Mabon
É a festa que celebra o equinocio do outono. Marca o equilibrio entreo día e a noite xa que duran as mesmas horas. A partir de agora os días faranse máis pequenos.
Representa a última colleita do verán antes de que a terra comece a dormirse para descansar e coller forzas polo que tamén é tempo de gardar as últimas sementes que cobixarán no seu interior a forza da natureza ata a próxima colleita É un momento para dar as grazas polos alimentos que comemos. Ademáis, o 26 de setembro aparece a lúa chea deste mes, que se lle coñece como Lúa da colleita.
Presentamos no recanto e taboleiro que temos no centro destinado a temas relacionados co medio ambiente e reciclaxe unha proposta artística: gardas reais de outono, coa lavanda recollida e restos de oveiras. Mirade cantos gardas reais saíron. Ata lles fixeron cama e almofada con restos de telas!
___________Proposta realizada por 4º A e 4º B de Educación Primaira e 6ºB de Educación Infantil__________



