5/10/26

Outubro: expositor e proposta de arte

En colaboración co noso querido Xalín e o seu marabilloso equipo da biblioteca do centro presentamos para o mes de outubro: ***Libros e contos relacionados con festas e días importantes deste mes: día das aves, das aves migratorias, do correo e día da alimentación saudable que poñemos no expositor da entrada do centro para utilizar nas aulas para horas de ler e consultas, entre outros.
_________________________________Foto tomada no interior do centro______________________________ ***Proposta artística no recanto de reciclaxe e medio ambiente para crear aves de cartón e cartolina.
_________________________________Foto tomada no interior do centro______________________________ ***E retomando vellas e bellas costumes, volve o carro de arte á biblioteca! Neste caso cunha proposta artística para crear aves (dadas as celebracións deste mes), con restos de cartolinas, cartóns das caixas de ceras e rotuladores que trouxo o alumnado e restos de plásticos da plastificadora. Mirade cantas aves bonitas e orixinais!
_________________________________Carro de arte na biblioteca do centro______________________________
_____________________________Proposta realizada por 3º EP e 6ºB de EI___________________________

25/9/26

E chegou o outono: Lúa da colleita e Mabon

Que estación tan bonita é o outono, e canta maxia e posibilidades de xogo e de traballo! Neste caso celebramos o Mabon É a festa que celebra o equinocio do outono. Marca o equilibrio entreo día e a noite xa que duran as mesmas horas. A partir de agora os días faranse máis pequenos. Representa a última colleita do verán antes de que a terra comece a dormirse para descansar e coller forzas polo que tamén é tempo de gardar as últimas sementes que cobixarán no seu interior a forza da natureza ata a próxima colleita É un momento para dar as grazas polos alimentos que comemos. Ademáis, o 26 de setembro aparece a lúa chea deste mes, que se lle coñece como Lúa da colleita. Presentamos no recanto e taboleiro que temos no centro destinado a temas relacionados co medio ambiente e reciclaxe unha proposta artística: gardas reais de outono, coa lavanda recollida e restos de oveiras. Mirade cantos gardas reais saíron. Ata lles fixeron cama e almofada con restos de telas!
___________Proposta realizada por 4º A e 4º B de Educación Primaira e 6ºB de Educación Infantil__________

23/9/26

Posta a punto das aulas

Xa coa chegada das nenas e nenos ás aulas toca ir acabando de organizar todo. Neste caso mirade en que se convertiron as caixas das fresas do comedor do curso pasado! Nas caixas persoais dos alumnos e alumnas dunha clase onde poñerán todo o seu material funxible, e mirade que ben quedaron pegando nos frentes unhas cartolinas pintadas de acuarelas e os seus nomes. Ademáis tamén podedes observar as rodelas de madeira que indican cantas persoas poden estar nos diferentes espazos de traballo e recantos de xogo na aula e as caixas negras da froita onde gardamos as nosas libretas. Ademáis tamén podedes ver elementos dunha asemblea con materiais naturais: rodela xigante de madeira, paos, rodelas pequenas, depresores vellos que pintaron, anacos de madeira de montar mobles... Segundas vidas!!!
_________________________Fotos tomada na aula de 6ºB de Educación Infantil____________________

21/9/26

Despendindo ao verán parte II

No mes de setembro despedimos ao verán cunha proposta de variñas máxicas con elementos naturais e de refugallo: paos, lazos, cordas e cunchas. Enchémolas dos nosos recordos de verán e de poderes máxicos. Agora si, entrando no outono!
__________________________Foto tomada na aula de 6º B de Educación Infantil_________________________

17/9/26

Despedindo o verán parte I

Comezamos... e toca ir despedindo ao verán cunha proposta de observación de cunchas mariñas. Tocalas, ulilas, observalas con lupa, escoitalas, e trasladar as súas partes ao papel... Que terán as conchas que nos transportan a días felices...
__________________________Foto tomada na aula de 6ºB de Educación Infantil____________________
__________________________Foto tomada na aula de 6ºB de Educación Infantil____________________

13/9/26

Benvidas e benvidos!

Benvidas e benvidos ao blog do programa Voz Natura do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz. Levamos xa anos nesta andaina e este curso animámonos a probar coa creación deste blog para dar visibilidade a algunhas das moitas cousas que nos teñen ocupadas e ocupados no noso cole relacionados coa nosa coidadora, a nosa Nai Terra. Comezamos a tecer nesta aventura! Acompañádesnos?
___________________________ Imaxe tomada nos exteriores do noso cole ___________________________